Segundo apuntaba Reuters, nas próximas horas podíase facer oficial a venta de Motorola Mobility a Lenovo por uns 3000millóns de dólares. Pero mentes estabamos a redactar está nova, Google vén de confirmar a información mediante un tweet na súa conta oficial.
Cando Google mercou Motorola Mobility, adquiriu 10000 patentes relativas á telefonía móbil, algo que sen lugar a dúbidas é o gran atractivo desta empresa. Pero o movemento tamén abre as portas a Lenovo do mercado americano, un gran e apetitoso pastel para a compañía chinesa.
Desde logo, trátase dunha nova de grande alcance e que vai dar moito que falar nas próximas semanas.