Como instalar Flash Player en Android 4.4 KitKat

Unha das novidades que tivo Android 4.4 KitKat foi o fin de soporte e compatibilidade con Adobe Flash Player; por iso neste artigo imos ensinarche como instalar esta aplicación no teu terminal con Android 4.4.x:

1. Instalamos Dolphin Browser

O primeiro que faremos será instalar o explorador Dolphin Browser co engadido Dolphin Jetpack, xa que é un dos poucos que teñen a opción de activar o Flash.

2. Instalamos Flash Player modificado

O seguinte que teremos que facer será baixar e instalar a versión modificada de Flash Player. Recorda que debes activar a instalación dende orixes descoñecidos.

3. Activamos Flash

Unha vez no Dolphin, facemos click no golfiño gris, imos ao botón que se atopa á dereita e faremos click en Axustes. Unha vez alí, imos a Contido Web > Reprodutor Flash > Sempre acendido.

4. Probámolo

Cando acabemos todo, iremos á páxina ultrasounds.com para probar se funciona. En caso afirmativo, a instalación será correcta e xa podes disfrutar de Flash.

Fonte

Sobre o autor

Reply