R recupera a subvención de móbiles cun financiamento competitivo

Dun tempo a esta parte, as operadoras de telefonía móbil foron eliminando as subvencións aos terminais para mudar a un método de financiamento a prazos, a costa de ter, en xeral, mellores tarifas independentes do terminal.

Na meirande parte das compañías telefónicas, as opcións de financiamento de terminais resultaban atractivas ao acadar un prezo final inferior ao de venta libre. Non era o caso de mobilR, operadora coa que tras a implantación do modelo de subvención os termianais saían moito máis caros que se collíamos o mesmo dispositivo pola nosa conta.

Porén isto mudará a partir de mañá do luns recuperando un modelo a medio camiño entre a subvención e o financiamento. Así, cada mes haberá terminais en promoción cuxo financiamento, ademais da comodidade de ir pagando mes a mes, permite conseguir os dispositivos cun mellor prezo que no mercado libre. Por exemplo, este mes de febreiro, estarán promocionados:

  • Galaxy Young: 0 € (uns 90 € libre)
  • Moto G: 3 €/mes x 24 = 72 € (179 € libre)
  • LG G2: 12 €/mes x 24 = 288 € (uns 450 € libre)

De todos os xeitos, hai algunhas restriccións que se deben ter en conta, como que será preciso dispór de fixo e móbil e  tarifa plana de 15 € ou superior

BfTuJE3CAAAlb__

 

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply