Samsung Galaxy Note 3 Neo, a versión económica da phablet de Samsung

galaxy-note-3-neo-1

Samsung é o fabricante precursor das phablets, un tipo de dispositivos que xa conta con certa pluralidade e con diversas opcións en canto a prezos e prestacións. Quizais por iso, o fabricante coreano decidiu non só ofrecer a máxima gama (liña Note), senón tamén un segundo modelo con características algo recurtadas e un prezo sensibelmente inferior. Presentámosvos a nova Samsung Galaxy Note 3 Neo.

galaxy-note-3-neo-2

Este modelo incorpora unha pantalla SuperAMOLED de 5,5 polgadas (720 x 1280 píxeles), 2 GB de RAM, 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD, cámaras de  8 e 2 megapíxeles e unha batería de 3100 mAh.

En canto a software, vén con Android 4.3 actualizábel e todo o software de Samsung, que pode ser máis exprimido grazas ao S-Pen que conserva, ao igual que o seu irmán maior.

Estará dispoñíbel en febreiro en dúas versións: 3G, con procesador de catro núcleos a 1,5 GHz, e 4G-LTE, con procesador de 2+4 núcleos a 1,7 GHz e 1,3 GHz respectivamente. O prezo rondará os 550 €.

Vía

Sobre o autor

Reply