Até o de agora coñecíamos a Energy Sistem polas súas tablets e os seus accesorios, moitos deles ligados á autonomía. A poucos días do MWC descubrimos que este fabricante español está a traballar tamén no que será o seu primeiro smartphone, o Energy Phone Pro, un dispositivo que verá a luz nos próximos días.
Fabricado en aluminio, o Phone Pro ten un deseño estilizado e moderno, cunhas características técnicas avanzadas e un prezo que rondará os 250 euros, o que foi aínda máis atractivo. Estas son as súas principais especificacións:
- Pantalla IPS Full HD de 5 polgadas (1920 x 1080p)
- Procesador de 8 núcleos (sen especificar)
- 2 GB de RAM
- 32 GB de almacenaxe interno
- Cámara traseira de 13 MP e dobre flash
- Cámara frontal de 5 MP con flash (si, con flash)
- Carga inarámica
- DualSIM
Se todo sae segundo o previsto pola compañía, sairá á venda con Android 4.4 KitKat.