Samsung Galaxy S4 Black Edition

Galaxy S4 Black Edition

Nas últimas semanas falamos varias veces de toda a rumoroloxía arredor do Galaxy S5, o próximo terminal de referencia de Samsung. Porén, o anterior cabalo gañador do fabricante coreano, o Galaxy S4 aínda ten moito que dicir e vén de aparecer nunha edición que muda os acabados da capa traseira pola pel sintética que está a incorporar Samsung nos últimos dispositivos de gama alta dados a coñecer. É o Galaxy S4 Black Edition.

As súas características técnicas non mudan sobre o dispositivo orixinal. Lembrámolas:

  • Pantalla SuperAMOLED FullHD de 4,99 polgadas (441 ppp)
  • Procesador de catro núcleos a 1,9 GHz
  • 2 GB de RAM
  • 16 / 32 / 64 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD)
  • Cámara: 13 e 2 MP
  • Batería de 2600 mAh

En canto a dispoñibiliade e prezos, podería chegar este mes de febreiro pola misma cantidade de cartos que o modelo orixinal.

 

Sobre o autor

Reply