Nos útlimos meses houbo moitos momentos nos que nos sentimos inseguros. Pensemos na NSA controlando todas as nosas comunicacións e tantas axencias e empresas privadas que, sen termos coñecemento, andarán fisgoneando nos nosos datos mentres lemos este artigo.
Porén, comezan a chegar as primeiras alternativa de teléfonos seguros, como BlackPhone. Trátase dun novo teléfono xurdido da unión de Geeksphone con Silent Circle no que se prima a privacidade sobre calquera outro aspecto. Para comezar, usará un fork de Android, PrivatOS, para que non haxa dependencia de Google, aínda que si que poderemos empregar as súas aplicacións se así o desexamos. Este ofrécenos a posibilidade de enviar os datos cifrados, conexións VPN anónimas e chamadas e mensaxes encriptadas.
Aínda que as súas características non foron desveladas, imaxinamos que tecnicamente serán semellantes a calquera gama alta. Haberá que agardar ao 24 de febreiro, no seo do MWC, para descubrir todo o que nos ofrecerá este terminal. Ademais, poderase reservar desde ese mesmo día.