Esta semana achegámosvos un novo xogo moi sinxelo pero ideal para eses tempos mortos que todos temos. Chámase Flappy Bird e está a dar moito que falar estes días.
No xogo somos un simpático paxaro que ten que tentar pasar polo medio de tubarías, mais sen tocar nelas, xa que se o facemos morremos e temos que volver ao principio. Como non pode ser doutro xeito, estas tubarías lémbranos as que estaban presentes durante os míticos xogos “Super Mario Bros.“
O único que temos que facer para manexar o paxaro é dar toques na pantalla do noso terminal. Cantos máis toques demos seguidos, máis alto voa e se deixamos de pulsar a pantalla o paxaro cae ao chan e morre… e nós non queremos iso, non si?
Flappy Bird ten catro niveis e a medida que os pasamos recibimos medallas que van desde o bronce até a de platino. O xogo é tan sinxelo que nin ten opcións de configuración. O único que se nos permite e loguearnos coa conta de Google+ para compartir puntaxes ou interactuar con outros xogadores todo a través da rede social.
Encaixa Flappy Bird nos vosos gustos?
Nome da aplicación: Flappy Bird
Prezo: Gratuita
Requerimentos: 2.2 e superiores
Descarga: Google Play
Sinxelo si. Adictivo tamén.
Logrei 22… Empezo a ter medo! :O
28. Meu Deus…