Mallando no Android participa nos premios 20Blogs

Screenshot 2014-02-05 at 13.23.22

Esta entrada non é para falar de Android, é para pedir un favor pequerrechiño, pero que para nós é moi importante. Desde hai un días temos situado na marxe esquerda do blog un pequeno banner que leva ao perfil no blog na Blogoteca, un espazo que recopila blogs de 20minutos.

Débese a que nos apuntamos para participar nos Premios 20Blogs, nos que se recoñecen os blogs máis interesantes da rede en moitas categorías. No caso de Mallando no Android, optamos ao premio de Mellor Blog na categoría Ciencia, Tecnoloxía e Internet. Así mesmo, tamén existen outros dous premios que poderíamos chegar a gañar, Mellor Blog 2013 ou Blog Máis Votado.

Os premios aos mellores blogs por categorías e ao Mellor Blog 2013 será seleccionado por un xurado; porén, o premio ao Blog Máis Votado depende precisamente diso, dos votos. Por iso gustaríanos pedirvos un par de minutos para que pasedes pola páxina e votedes por nós. Indirectamente, os vosos comentarios e puntuacións tamén serán tidos en conta polo xurado, polo que a vosa axuda será dobre.

Graciñas de antemán pola vosa colaboración, podedes votar polo noso blog aquí.

Sobre o autor

Reply