Energy Tablet i10 Quad: a nova tablet de Energy Sistem aposta pola calidade de pantalla

energy tablet

Energy Sistem vén de anunciar a súa nova Tablet i10 Quad, un dispositivo no que este fabricante fai unha clara aposta pola calidade de pantalla, pensando nos usuarios que fan gran consumo de contidos neste tipo de dispositivos, aínda que non se esquecen da potencia necesaria para ter unha boa experiencia de usuario.

Así pois, incorpora unha pantalla IPS de 9,7 polgadas (resolución 2048 x 536 píxeles), procesador de catro núcleos, 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 64 GB. As súas cámaras son de 5 e 2 megapíxeles. Quizais o pero é que vén con Android 4.2 en vez de portar xa de fábrica a última versión do sistema operativo, aínda que imaxinamos que será actualizada.

Destaca tamén a súa conectividade, pois ao WiFi N engádese a posibilidade de usala como USB Host e dispór de saída HDMI 1080 que permite compartir a pantalla con outra externa para disfrutar do contido.

Pódese mercar na tenda en liña por 259 €, un prezo que inclúe 36 meses de garantía, isto é, 12 máis dos obrigatorios por lei, un aspecto que sen dúbida debemos ter en conta.

Sobre o autor

Reply