Wolder miTab Evolution W1: pensando na produtividade en mobilidade

imagen

A nova Wolder miTab Evolution W1 é unha desas tablets que destacan por ofrecernos algo realmente diferenciador sobre o resto de dispositivos cos que compite nun mercado no que hai centos de alternativas. No seu caso esta marca diferenciadora é o teclado Bluetooth que nos permite traballar esporádicamente sen ter que depender dun ordenador, moi útil para estudantes e traballadores en mobilidade.

Tablet-Wolder-mitab-EvolutionW1

As súas características técnicas son normaliñas, e pasan por unha pantalla HD con cristal reforzado de 10,1 polgadas (1280 x 800), procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD de até 32 GB). Dispón de dobre cámara, a principal de 2 megapíxels e vén con Android 4.2.

Tablet-Wolder-miTabEVOLUTION-W1-close

O seu prezo é outros dos atractivos deste completo dispositivo, pois está á venda por 179 €, xa incluíndo o teclado. Pódese mercar na web da compañía ou a través da rede de distribuidores habituais.

Sobre o autor

Reply