Firefox lanzará proximamente o seu launcher para Android

Unha das características máis diferenciadoras de Android é a súa capacidade de personalización, a posibilidade de adaptar absolutamente todo no relativo ao software ao noso gusto. Neste senso, os launcher xogan un papel fundamental, permitindo lanzadores de aplicacións alternativos.

Firefox-Launcher-600x943

Ademais dos launchers que os fabricantes introducen coas súas interfaces de personalización e as aplicacións que fan isto mesmo (Nova Launcher, ADW…), as grandes empresas queren que os seus produtos estén máis a man. É o caso de Google co seu Google Now Launcher, Yahoo / Avíate e o (fracasado?) Facebook Home. A esta listaxe súmase agora Mozilla, que vén de anunciar que traballa, en colaboración con EverythingMe Launcher no Firefox Launcher, co que promenten unha mellor (e máis completa) experiencia web.

Aínda que tampouco deron a coñecer moitos máis datos sobre o tema, sábase que pasará a esta dispoñíbel na súa versión beta nas próximas semanas.

Vía

Sobre o autor

Reply