Estamos en época de presentacións. Boa mostra dilo son a cantidade de filtracións de especificacións e imaxes que se producen estes días. Desta vez, tocoulle ao novo HTC One 2, que se deixou ver nun par de fotografías amosando o seu deseño.
Como podedes apreciar, redúcese o marco sobre o modelo anterior e amplíase a pantalla, integrando os botóns na mesma. As especificacións que se agardan del, a falta de confirmación, pasarían por unha pantalla HD de 5 polgadas, 2 GB de RAM, e procesador SnapDragon 800.
En principio, a súa presentación está prevista para marzo deste ano, aínda que se cadra dan a sorpresa e aparece no Mobile World Congress. Que pensades?