Mobistel, un novo fabricante coreano lánzase á conquista de Europa

mobistel cinus t7

Mobistel é o último dunha longa listaxe de fabricantes asiáticos que se lanzan á conquista do mercado europeo cos seus terminais. Tras facer unha primeira inclusión comercial en Alemaña, vén de anunciar os seus plans de espallamento nos que se inclúen outros países como o Estado español.

O primeiro terminal que chegará por estes lares será o Cinus T7, un dispositivo que incorpora unha pantalla HD de 6 polgadas (1280 x 720), procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de RAM e 4 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD de até 32 GB). As súas cámaras son de 13 / 2 megapíxeles e dispón de dobre SIM.

Este phablet, que polas súas características intégrase na gama media, vén con Android 4.2.2 Jelly Bean, aínda que non sabemos se con algunha garantía de actualizacións, pois descoñecemos a política da empresa.

Estará dispoñíbel nas próximas semanas en dúas cores, branco e negro, por un PVP de 289 €.

Sobre o autor

Reply