Vodafone Yu regalará 50 Galaxy S4 este xoves na Coruña

Tal e como adiantamos hai uns días no noso Twitter, a operadora Vodafone regalará este xoves 13 de febreiro, entre as 17 e as 20h, un total de 500 Samsung Galaxy S4 con 25 € en SmartPass, a aplicación de pagamentos por NFC da compañía británica, aínda que este suculento premito exixe superar un pequeno reto.

Nun total de 10 tendas (en Galiza unicamente na situada na Praza de Pontevedra nº10 da Coruña) repartiranse 50 Galaxy S4 ás 50 primeiras persoas en acudir co corpo completamente pintado con bodypainting, simulando levar roupa agás na cabeza e nos zapatos. Unicamente hai que levar roupa interior ou bañador (rapazas, as 2 pezas), que tamén deberá estar pintada.

vodafone yu bodypainting

As condicións do concurso  sinalan que os participantes deben ser clientes de Vodafone Yu con data anterior ao 10 de febreiro, feito que deben demostrar na tenda á hora de reclamar o premio.

Atrevédesvos?

Sobre o autor

Reply