O WSJ asegura que Nokia presentará o seu Android no MWC

normandy

Nokia ten programado un evento de prensa para o vindeiro luns 24 de febreiro, no marco do MWC 2014, unha das citas máis agardadas de toda a feira, ante a posibilidade de que presente o seu primeiro terminal Android, tal e como adiantamos hai unhas semanas.

O WSJ vén de confirmar que efectivamente Nokia está a traballar nun terminal Android, que sumado ás diferentes imaxes filtradas, poderíamos case asegurar que o novo dispositivo, coñecido como Nokia Normandy, traballa cun fork de Android e non co sistema operativo directamente. Así mesmo, tería unha tenda de aplicacións propia, allea á Play Store, algo que xa acontece con outros fork como o de Amazon.

En 13 días sairemos de dúbidas. Que vos parece a vós? Gústavos a idea de unir Nokia e Android?

Sobre o autor

Reply