Tres aplicacións para seguir os Xogos de Sochi desde o teu Android

Sin nombre

Fai poucos días comezaron os polémicos Xogos de Inverno que se celebran na cidade rusa de Sochi. Pois ben, deixando un tanto de lado todas esas polémicas ímonos centrar no noso e amosarvos 3 aplicacións para seguir ao detalle todas as discilpinas, horarios, mapas, resultados,..

As aplicacións seleccionadas de entre todas as que atopades na Play Store son dúas oficiais do acontecemento, Sochi 2014 Results e Sochi 2014 Guide e outra máis en español como é a de RTVE chamada JJOO en Directo – Sochi 2014.

Sochi 2014 Results.

Esta é a aplicación máis completa das dúas oficiais. Tras uns minutos de configuración para facer máis doado movernos pola app, configuración feita en función das nosas preferencias, atopamos cun menú despregábel na parte esquerda da pantalla co que controlar todas as opcións da aplicación.

screenshot-20140210-133509

Neste menú atopamos por exemplo unha sección para ver rapidamente como vai o reparto de medallas, accedendo incluso a cantas medallas de ouro, prata ou bronce leva un país, ou acceder a cada deporte dun xeito específico para ver as datas de comepetición e mesmo coñecer aos seus participantes.

screenshot-20140210-160508

screenshot-20140210-153314

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén dispoñemos dun calendario para buscar que deporte podemos ver nun día concreto dun xeito rápido e cómodo.

screenshot-20140210-133317

Sochi 2014 Guide.

Estoutra aplicación céntrase máis noutros aspectos do evento. Por exemplo atopamos unha sección de novas destacadas do día como se dun lector de rss se tratase, ou se queremos atopar unha zona de competición para ir vela en directo contamos cun mapa detallado e para non perdernos dispoñemos das rutas do transporte.

screenshot-20140210-153641

screenshot-20140210-153829

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén queremos destacar nesta aplicación a sección dende a que podemos mercar as entradas para ir ver algunha competición do noso deporte favorito. Punto que pode axudar moito aos que están en Sochi e queren ir ver algún deporte que non tiñan na súa axenda, por exemplo.

screenshot-20140210-145130

Tede en conta, que acabamos de facer un resumo moi lixeiro do que podedes atopar nas aplicacións xa que son dúas app’s moi completas, cheas de opcións que funcionan á perfección para os usuarios máis esixentes que non se queren perder nada destes xogos de inverno.

Por último debedes saber que estas dúas aplicacións so están dispoñibéis en inglés, francés ou ruso.

JJOO en Directo – Sochi 2014.

Por se algún ten problemas cos idiomas, en español pode atopar a aplicación de RTVE para seguir os xogos de Sochi.

screenshot-20140210-145342

Como xa é habitual, contamos cun menú na parte esquerda polo cal podemos acceder directamente ao medalleiro e ver a clasificación por paises ou ver os resultados dos participantes nun deporte concreto.

screenshot-20140210-145437

screenshot-20140210-145633

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Algo que nos gustou moito é que aplicación enlaza directamente co streaming da canle temática Teledeporte e así poder seguir calquera evento que estén restransmitindo en directo. Tede en conta o elevado consumo de datos que isto supón así que coidade dos vosos plans de datos ou usade unha wifi 😉

Podemos dicir que é unha aplicación moito máis sinxela que as dúas anteriores pero cumpre á hora de facilitar o acceso aos feitos máis destacados da competición.

 

Nome da aplicación: Sochi 2014 Results
Requerimentos: 2.3.3 e superiores.
Descarga: GooglePlay.
Nome da aplicación: Sochi 2014 Guide
Requirementos: Varía segundo o dispositivo.
Descarga: GooglePlay.
Nome da aplicación: JJOO en Directo – Sochi 2014
Requerimentos: 2.2 e superiores.
Descarga: GooglePlay.

Sobre o autor

Reply