LG deixa caer que levará o G2 Mini ao Mobile World Congress

g2-mini

A coreana LG compartiu esta tarde nos seus perfís sociais de varios países a imaxe que abre este artigo, na que se deixa ver a traseira dun dispositivo que comparte deseño co G2, aínda que de menor tamaño: o G2 Mini.

Este dispositivo terá unha pantalla que rondará as 4 polgadas, aínda que non sabemos  se o resto de características sufrirán un recorte importante ou manteranse como dispositivo de gama alta.

Está previsto que a compañía faga un evento de prensa o 24 de febreiro, onde previsibelmente debutará o novo “pequeno”.

Sobre o autor

Reply