A aeroliña Virgin vén de dotar a parte do seu persoal de terra no aeroporto londinense de Heathrow coas Google Glass, co fin de mellorar o servizo que prestan aos viaxeiros. Porén, é un proxecto piloto cunha duración de seis semanas, focalizado nos clientes de clases superiores.
Entre os múltiples usos que están a probar atópase a posibilidade de facilitar o proceso de check-in ou ofrecer información de voos, climatoloxía, eventos no lugar de destino ou traducións idiomáticas.
Estas probas de Virgin, de resultar satisfactorias, servirán para amosar outro uso profesional das Google Glass, que se suman a outros que xa temos comentado, como o dos bombeiros ou o cirúrxico.