Woxter presenta a súa nova tablet, a Nimbus 102Q

Nimbus 102

O fabricante Woxter vén de anunciar a súa nova tablet, a Nimbus 102Q, un dispositivo pensado para disfrutarmos do multimedia no fogar grazas á súa pantalla de 10,1 polgadas (resolución 1368 x 716 píxeles) e procesador de catro núcleos a 1,6 GHz.

O resto de especificacións pasan por unha memoria interna de 16 GB ampliábeis por microSD de até 64 GB, dobre cámara (2 megapíxeles a traseira e VGA a frontal), porto miniHDMI e conectividades WiFi e Bluetooth.

En canto a software, vén con Android 4.2.2 limpo, aínda que confirman unha próxima actualización a versións máis recentes (Kitkat?). Tamén é compatíbel coa tecnoloxía Miracast, que permite visualizar os contidos do trebello na pantalla do televisor.

Estará dispoñíbel desde o 1 de abril por 189 €. Neste prezo inclúese e a tarxeta Nimbus Club que permite actualizacións gratuítas, descontos e unha garantía Premium de 2 anos nos que se comprometen a solucionar calquera problema que puidera ter o aparello en 48 horas.

Sobre o autor

Reply