Estes días estase a falar de ZeroApp, unha aplicación que nos ofrece a posibilidade de facer chamadas de balde empregando a rede GSM e non os datos. A priori a idea non soa mal pero, como era de imaxinar, as condicións e os permisos desta aplicación fan que non todo sexa tan marabilloso.
O modo de funcionamento da aplicación é bastante sinxelo: unha vez que instalamos esta ferramenta desde a Play Store, simplemente debemos entrar nela para seleccionar o contacto (ou marcar o número) ao que queremos chamar. A partir de aí xérase unha primeira chamada, escoitamos un anuncio (gratis gratis non ía ser…) e despois xa empeza a chamada en si ao noso contacto. As únicas restriccións do servizo son un total de 8 minutos diarios e 2 minutos por chamada.
Agora ben, se nos pasamos polas condicións de servizo atopámonos que se empregamos a aplicación autorizamos á empresa a recoller demasiada información persoal, como o noso rexistro de chamadas, información do terminal (IMEI e ICCID), a nosa ubicación e posición actual GPS, ademais doutros datos que “Zeroapp S.A. considere oportunos” (como exemplos poñen a profesión, idioma, código postal ou zona horaria dos usuarios). Se todo isto non fose abondo para unha aplicación tan – aparentemente – sinxela, podemos ler que a empresa resérvase o dereito a “tratar, transferior e divulgar datos de caracter non persoal para calquera fin“.
A pregunta que nos facemos desde aquí é a seguinte: realmente compensa sufrir tal ataque á nosa privacidade e ter que escoitar un anuncio en cada chamada para poder disfrutar de 8 minutos de voz diarios a cachiños de 2 minutos? Nós desde logo cremos que non.
Oi, aqui na Espanha está sendo usado de forma justa. Não só invade seu provacidad obter publicidade no momento da chamada, o resto do tempo, e você descobre que o aplicativo existe.
Todos os programas irão aceitar mensagens fazem cláusulas semelhantes e não porque estes dando sua privacidade. Por enquanto zeroapp faz bom uso dos seus dados, o dia que vai mudar minha desinstalaré, mas por agora eu considero uma aplicação muito boa. Então, se você pode pruebala e você vai ver como você ainda se sentir mal.