ZeroApp, chamadas GSM gratuítas a costa de invadir a túa privacidade

zeroapp

Estes días estase a falar de ZeroApp, unha aplicación que nos ofrece a posibilidade de facer chamadas de balde empregando a rede GSM e non os datos. A priori a idea non soa mal pero, como era de imaxinar, as condicións e os permisos desta aplicación fan que non todo sexa tan marabilloso.

O modo de funcionamento da aplicación é bastante sinxelo: unha vez que instalamos esta ferramenta desde a Play Store, simplemente debemos entrar nela para seleccionar o contacto (ou marcar o número) ao que queremos chamar. A partir de aí xérase unha primeira chamada, escoitamos un anuncio (gratis gratis non ía ser…) e despois xa empeza a chamada en si ao noso contacto. As únicas restriccións do servizo son un total de 8 minutos diarios e 2 minutos por chamada.

zeroapp

Agora ben, se nos pasamos polas condicións de servizo atopámonos que se empregamos a aplicación autorizamos á empresa a recoller demasiada información persoal, como o noso rexistro de chamadas, información do terminal (IMEI e ICCID), a nosa ubicación e posición actual GPS, ademais doutros datos que “Zeroapp S.A. considere oportunos” (como exemplos poñen a profesión, idioma, código postal ou zona horaria dos usuarios). Se todo isto non fose abondo para unha aplicación tan – aparentemente – sinxela, podemos ler que a empresa resérvase o dereito a “tratar, transferior e divulgar datos de caracter non persoal para calquera fin“.

A pregunta que nos facemos desde aquí é a seguinte: realmente compensa sufrir tal ataque á nosa privacidade e ter que escoitar un anuncio en cada chamada para poder disfrutar de 8 minutos de voz diarios a cachiños de 2 minutos? Nós desde logo cremos que non.

Sobre o autor

One Response

  1. Raul 14 Abril, 2014 Responder

Reply

Deixa una resposta a Raul Cancelar a resposta