Se o venres coñeciamos o LG G Pro 2, hoxe é a quenda da familia L Series III, unha revisión dos dispositivos da gama de entrada de LG que se materializan nos modelos L90, L70 e L40, os cales serán amosados ao público durante o Mobile World Congress.
Todos eles levan de serie a última versión de Android (4.4 KitKat) e batería intercambiábel, ademais da posibilidade de ampliar a súa memoria interna con tarxetas microSD. As súas principais especificacións resúmense nesta táboa:
LG L90 | LG L70 | LG L40 | |
Pantalla | 4,7 (860 x 540) | 4,5 (800 x 400) | 3,5 (480 x 320) |
Procesador | 1,2 GHz Quadcore | 1,2 GHz Dualcore | 1,2 GHz Dualcore |
RAM | 1 GB | 1 GB | 512 MB |
Mem. Interna | 8 GB | 8 GB | 4 GB |
Batería | 2540 mAh | 2100 mAh | 1700 mAh |
Cámaras | 8 MP / 1.3 MP | 8 MP / VGA | 3 MP / VGA |
Polo de agora non se sabe cando estarán dispoñíbeis nin a que prezos, aínda que non deberan variar moito do que teñen os actuais membros da serie no mercado.