Huawei é o fabricante que abrirá o Mobile World Congress cun evento que terá lugar o próximo domingo. Para ir quentando motores veñen de publicar o vídeo teaser que abre este artigo, no que promenten volver sorprender ao mundo.
Como podedes ver, adiantan dúas tablets, un smartphone e un cuarto aparello que podería ser un MiFi 4G. O máis curioso é o xeito de presentarse, cun vídeo no que un usuario pregunta ao seu iPhone que é o máis novidoso que se verá no MWC 2014 e este descarta que sexa algo relacionado con Samsung e o seu Unpacked.
Brincadeiras á parte, logo de ver a traxectoria da compañía chinesa nos últimos tempos de seguro que teñen algo co que nos sorprender.