Esta semana queremos compartir con vós unha aplicación chamada Quicks coa que ben seguro o voso tempo voará.
Esta aplicación consiste basicamente en repetir un patrón (ou quick) que aparece na vosa pantalla. Este sinxelo paso esconde un xogo de memoria moi completo e dicimos isto porque a app ten tres modos de xogo:
Modo Xogar.
Neste modo o único que temos que facer é repetir o patrón que aparece e ir así superando niveis, canto máis rápido mellor. Podemos destacar que cada fase ten o nome dunha gran cidade, e son: Barcelona, Londres, Tokyo e New York.
Cada unha destas fases está chea de niveis que debemos ir superando. Ao ir pasando niveis, imos conseguindo puntos que podemos canxear para facer dúas cousas, unha delas é usar “bombas” por se estamos atascados e precisamos saltar de quick, e a outra é para gañar tempo e así rematar o nivel. Para cada nivel, temos un máximo de 45 segundos.
Modo Time Attack.
Aquí temos que ser moi moi rápidos xa que o obxetivo é conseguir o maior número de quicks posible en 60 segundos. É unha boa mistura de velocidade e memoria que nos gustou moito. Neste modalidade de xogo tamén contamos con axudas como son a bomba e sumar máis tempo.
Modo Memory Attack.
Este é outro modo de xogo moi entretido. Sae un patrón que temos que repetir. Logo sae ese mesmo patrón e un segundo. Temos que repetir os dous. Logo con tres, e así sucesivamente até o límite da nosa memoria. O xogo achéganos unhas pequenas axudas en forma de tres vidas e equivalen a tres erros e mesmo unha opción para pasar a os quicks máis amodo o que axuda á súa memorización e por último temos a bomba.
A aplicación Quicks resultounos moi entretida grazas aos seus que diferentes modos de xogo que fan que non sexa doado aburrirse. Pensades que este xogo estaría na vosa lista de favoritos?
Nome da aplicación: Quicks:Memoriza Conecta Repite
Requisitos: Android 2.3 e superiores.
Descarga: Google Play.