O Moto X chega a o 1 de marzo ao noso país

moto x

Tras o evento europeo no que Motorola anunciou a dispoñibilidade do Moto X en Europa para este mes de febreiro, agora vense de establecer o 1 de marzo como data da súa posta á venda no noso País, a través das operadoras Orange e Yoigo, así como tamén no mercado libre por 395 €.

Este dispositivo, fabricado aínda baixo o control de Google, ten unhas especificacións que pasan por unha pantalla de 4,7 polgadas (1280 x 720), procesador de dobre núcleo a 1,7 GHz, 2 GB de RAM e versións de 16 ou 32 GB non ampliábeis. As cámaras son de 10,5 e 2 megapíxeles e a batería de 2100 mAh.

Mais se cadra, o máis interesante deste terminal é o software, capaz de recoñecer a nosa voz para activalo ou preguntarlle calquera cousa que precisemos saber, así como tamén para acceder á cámara con 2 movementos de pulso, polo que nin haberá que tocalo. Así mesmo, Motorola dispón dunha extensión para Chrome (Motorola Connect) que permite ver e responder ás notificacións e mensaxes de texto desde o escritorio do computador.

Que vos parece este dispositivo? Gústavos ou preferides o Moto G?

Sobre o autor

2 Comments

  1. freixo 18 Febreiro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 18 Febreiro, 2014 Responder

Reply