Samsung presenta o Galaxy Core LTE

Galaxy Core LTE

Samsung vén de anunciar o novo Galaxy Core LTE, unha revisión do Galaxy Core compatíbel coas novas móbiles 4G – LTE que ademais tamén actualiza algunhas das súas especificacións.

Incorpora unha pantalla qHD de 4,5 polgadas (960 x 540), procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD de até 64 GB. A cámara principal é de 5 megapíxeles, con Flash LED e gravación FullHD, mentres que a frontal é unha báscica VGA. Ten unha batería de 2100 mAh.

Galaxy Core LTE negro

O Core LTE sairá á venda con Android 4.2.2 Jelly Bean e a interface Samsung TouchWiz. Está prevista a súa chegada para as próximas semanas, en dúas cores: branco e negro.

Sobre o autor

No Responses

Reply