SOS Condoms, a aplicación que che pode salvar a noite

Saes, triunfas e… non tes condóns. De seguro que esta situación é familar para moitas e moitos de vós. E claro, postos ao tema, non é nada cómodo ter que moverse na busca dunha maquiniña ou unha farmacia aberta.

Por iso unha startup de Dubai creou o servizo SOS Condoms, cuxa aplicación emprega a nosa xeolocalización para saber onde estamos e poder entregarnos o pedido. O funcionamento desta ferramenta é tan sinxelo como se pode ver no vídeo: compartes a ubicación e esperas (máximo unha hora) pola entrega, que se fará discretamente grazas a que os repartidores irán disfrazados.

Lamentabelmente este servizo só está dispoñíbel en Dubai e ten un horario reducido (de 16h – 04h), pero nós quixemos compartir a idea no blog por se alguén quere importar a idea á nosa terra. Que vos parece?

 

Sobre o autor

Reply