Google anuncia o I/O 2014 para o 25 e 26 de xuño

google io

Con máis retrasos que outros anos, Sundar Pichai (a quen por acó coñecemos ben pola camapaña #AndroidEnGalego) anunciou onte as datas do Google I/O 2014, o evento anual de desenvolvedores da compañía, no que presentan novidades en produtos da compañía. Será os días 25 e 26 de xuño no Moscone Center de San Francisco.

Con tanto tempo por diante é complicado aventurar cales serán as novidades que veremos este ano, aínda que de seguro chegarán moitos rumores nestes meses. O que case se dá por sentado é que aló se contratará a data de posta á venda da versión comercial das Google Glass.

Sobre o autor

Reply