Mallando no Android no Mobile World Congress 2014

gusta o galego

Un ano máis, Mallando no Android desprázase a Barcelona para cubrir en directo o Mobile World Congress, a maior feira de telefonía móbil do mundo, que se celebra oficialmente entre o luns 24 e o xoves 27 de febreiro. Porén, temos marcados na nosa axenda eventos e encontros previos dos que vos daremos boa conta.

Como vimos facendo nas últimas edicións da feira, empregaremos fundamentalmente Twitter para contar en directo e axilmente as nosas primeiras impresións (@mallandroid e @iagovarela), un historial de comentarios que quedarán rexistrados neste microsite especial cos nosos tweets. Ao finalizar os eventos trasladaremos toda a información ao blog en forma de artigos.

Presentacións como as de Nokia, Huawei ou ZTE, o Samsung Unpacked, os últimos dispositivos de Sony e Asus, os fabricantes chineses, os wearables as novidades dos operadores de telefonía móbil e a keynote de Mark Zuckerberg serán algúns dos pratos fortes desta edición 2014.

Así que xa sabedes, se queredes seguir a actualidade do Mobile World Congress non tedes máis que sintonizar a cobertura especial de Mallando no Android. Ah! E como sempre, en galego 🙂

Sobre o autor

Reply