Como sabedes quen seguides a nosa actividade no blog e nas redes sociais, estamos xa en Barcelona para cubrir en directo o Mobile World Congress. Entre os eventos máis destacados deste ano está o Samsung Unpacked, a cerimonia na que este fabricante coreano desvelará o seu novo buque insignia, o Galaxy S5.
Porén, o máis probábel é que vexamos máis cousas que dito smartphone, pois segundo vén de revelar eveleaks Samsung presentaría 2 smartwatches,o Galaxy Gear 2 e o Galaxy Gear 2 Neo, do que non se saben aínda as características. Como podedes ver na fotografía, teñen dous acabados diferentes, metálico e plástico, o que semella tamén repercutirá no seu prezo.
Así mesmo, as imaxes tamén revelan un botón central inferior que nos lembra ao introducido nas últimas tablets e que ten como función principal volver á home. Tocará agardar ao luns para coñecer todos os detalles… ou esperar que haxa unha nova filtración.