Samsung fai oficiais o Gear 2 e o Gear 2 Neo

galaxy gear 2 ofi

Logo  da filtración de onte sabíamos que eran reais, aínda que non agardabamos podelos ver antes da keynote do próximo luns. Esta madrugada Samsung fixo oficiais os seus dous novos reloxos intelixentes, o Gear 2 e o Gear 2 Neo, nos que elimina a palabra Galaxy ao non levar Android, senón Tizen.

Estes dispositivos, que chegan relativamente cedo, se temos en conta que a primeira versión foi presentada en setembro na IFA de Berlín, non presentan apenas cambios estéticos máis aló do botón “home” que xa comentamos onte e seguen mantendo a cámara.

08 Gear 2 orange 2

As súas especificacións pasan por unha pantalla AMOLED de 1,63 polgadas (320 x 320), cámara de 2 megapíxeles (sen ela o Neo), 4 GB de memoria interna, conectividade bluetooth, sensor de infravermellos e resistencia á auga e ao pó. A batería, seguramente, seguramente un dos aspectos máis demandados polos usuarios, é de 300 mAh, cos que aseguran conseguir unha autonomía habitual de 3 días ou 6 para poca actividade. Como vedes, ambos dispositivos son iguais agás en ter / non ter cámara, algo que tamén inflúe para reducir un pouco o tamaño e o peso do Neo.

Non cambian apenas as funcionalidades que incluén estes trebellos, como as notifiacións do smartphone ou a posibilidade de aceptar ou rexeitar chamadas, ademais de controlar dispositivos multimedia e televisores. Porén, inclúense ferramentas para control da actividade física cun programa fitness. Todo ilo empregando como sistema operativo Tizen e baseándose en aplicacións.

Ambos dispositivos estarán no mercado en abril en diferentes acabados e cores. Serán compatíbeis cun amplo abano de terminais Samsung.

Sobre o autor

No Responses

Reply