Acabades ver o anuncio feito por ASUS para promocionar a súa nova tableta, a Fonepad 7 LTE, presentada esta mesma mañá no MWC. Este novo dispositivo compatíbel coas redes 4G-LTE permite ademais facer chamadas como se fora un smatphone grande. Alén de pola súa conectividade, o novo trebello de Asus destaca pola pantalla HD IPS da que agardamos bos resultados e a tecnoloxía SonicMaster que proporciona unha moi boa experiencia de son.
O resto de características son as seguintes:
| Fonepad 7 LTE | |
| Polgadas/Resolución | 7/1280×800 |
| Procesador | Intel® Atom™ Z2560 de 1.6GHz (dual-core) |
| RAM | 1 GB |
| ROM | 8, 16, 32 GB |
| Versión de Android | Jelly Beam, 4.2 (actualizábel) |
| Camara | 5 / 2 MP. A principal con gravación HD |
| Dispoñibilidade/Prezo | Non dispoñíbel |
Xa que nos permite facer chamadas, considerades interesente este producto agora que cada vez temos máis phablets no mercado?

