Nokia presenta os seus primeiros Android: Nokia X, Noxia X+ e Nokia XL

IMG-20140224-WA0006

Houbo rumores, filtracións, desmentidos… pero sobre todo había ganas de coñecer os primeiros dispositivos de Nokia con Android. Razóns, desde logo, non faltaban.

A que outrora fora unha compañía punteira e referente da telefonía móbil non foi quen de atopar o seu oco no mundo dos smartphones. Tras anos de incertidume, Nokia decidiu – por fin – deixar de lado o seu sistema operativo propio e centrarse en Windows Phone, cambio que levou á compañía a captar unha pequena parte do “pastel” dos usuarios de smartphones. Máis adiante, en setembro do ano pasado, Microsoft anunciaba a compra da división móbil de Nokia, o que facía esvaecer as (remotas?) posibilidades de vermos algún día un trebello Nokia con Android.

O día foi hoxe. E o lugar, Barcelona, onde estamos a vivir o Mobile World Congress. Hai escasos minutos Nokia deu a coñecer os seus novos Nokia X, Nokia X+, e Nokia XL, dispositivos de modestas características e prezo baixo, orientados ao que denominamos público de entrada, xente que se inicia no mundo dos smartphones.

IMG-20140224-WA0002

Os Nokia X e Nokia X+ incorporan unha pantalla de 4 polgadas con resolución 480 x 854 (286 ppi), procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 512 MB de memoria RAM, 4 GB de ROM (ampliábeis por microSD de até 32 GB) e cámara principal de 5 megapíxeles. Dispón de dobre SIM para poder traballar con dous operadores.

IMG-20140224-WA0005

Pero había máis: Nokia gardaba unha sorpresa na manga, o Nokia XL, orientado a aquelas persoas que precisen máis pantalla, polo que suben até as 5, e con cámaras de 2 e 5 megapíxeles.

IMG-20140224-WA0003

En canto a sistema operativo, estamos a falar dun traballo de desenvolvemento a partir da fonte aberta de Android, cun launcher que lembra moito á interface de Windows Phone. Así mesmo, inclúe unha tenda de aplicacións propia, a Nokia Store, aínda que pode correr calquera aplicación Android descargada desde outros mercados de aplicacións para ampliar as posibilidades dos usuarios.

O Nokia X está dispoñíbel de forma inmediata por 89 €, mentres que os outros chegarán no segundo trimestre por 99 € (Nokia X+) e 109 € (Nokia XL).

Que vos parecen?

Sobre o autor

3 Comments

  1. Álvaro M. Souto 24 Febreiro, 2014 Responder
  2. Abel 25 Febreiro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 25 Febreiro, 2014 Responder

Reply