Samsung presenta oficialmente o Galaxy S5 e a Gear Fit.

IMG-20140224-WA0000

Cando recibimos o convite para o Unpacked desta tarde, poucas dúbidas quedaban por resolver: o Galaxy S5 sería presentado en Barcelona durante o MWC. Cumprindo todos os prognósticos, Samsung vén de dar a coñecer o seu novo terminal de referencia no evento máis agardado do Mobile World Congress.

Non houbo demasiadas sorpresas sobre as especificacións técnicas deste dispositivo, pois a meirande parte delas xa foran filtradas. Confírmase a integración dunha pantalla SuperAMOLED de 5.1 polgadas e resolución 1920 x 1080, procesador de catro núcleos a 2,5 GHz, 2 GB de memoria RAM e diferentes versións atendendo á capacidade da súa memoria interna. As cámaras son de 16 e 2 megapíxeles para principal e frontal respectivamente, e a súa batería de 2800 mAh.

IMG-20140224-WA0001

Mais sen dúbida unha das características máis fascinantes é a inclusión do detector de pegada dixital no botón de inicio, que nos permite identificarnos e desbloquear a pantalla sen termos que debuxar un patrón ou teclear un número PIN. Así mesmo, é resistente á auga e ao pó, tal e como facía pensar o vídeo teaser que vimos hai uns días.

En canto a software, o novo trebello de Samsung emprega Android 4.4.2 KitKat, aínda que coa interface de usuario TouchWiz, que recibe un redeseño importante e novas funcionalidades orientadas ao deporte e á sincronización con wearables. Así, vemos novas funcionalidades como My Health 3.0, que ligado a un sensor de frecuencia situado na parte traseira do terminal permite lernos as pulsacións.

O Galaxy S5 está dispoñíbel a mediados do mes de marzo.

IMG-20140224-WA0002

Ademáis Samsung sorprendeunos presentando a Gear Fit, unha pulseira dirixida aos máis afecionados ao deporte coa que monitorizar a nosa actividade física e que engade a posibilidade de usala como centro de notificacións como se dun Galaxy Gear se tratase.

Podemos destracar que conta cunha batería de 210 mAh, unha pantalla curva de 1,84″ e pesa so 25 gramos. Afirmamos que o deseño está moi coidado, converténdoo nun wereable moi desexábel.

2

Hoxe tamén se presentou o Galaxy Gear 2 do que vos falamos no blogue recentemente.

Que pensades dos novos gadgets de Samsung?

Sobre o autor

No Responses

Reply