Sony presenta o seu novo buque insignia, o Xperia Z2

Xperia_Z2_Black_Front_Colorrange

Sony, ao igual que fará Samsung esta tarde, non quixo perder a oportunidade de aproveitar o Mobile World Congress para dar a coñecer o seu novo terminal de referencia, o Xperia Z2, un dispositivo que compartirá protagonismo na gama alta da compañía co Xperia Z1 Compact, presentado o pasado mes de xaneiro durante o CES.

As cámaras, un dos puntos fortes do fabricante xaponés, son de 20,7 e 2,1 megapíxeles. A principal é capaz de gravar vídeos en 4K. Por este motivo, pensamos que un punto a ter en conta é a relación entre a gravación 4k e a capacidade de almacenamento: a tarxeta micro sd vai ser moi necesaria.

No partado da conectividade atopamos todo o que podemos agardar dun terminal destas características. Temos LTE, NFC, Wifi N, Wifi Diretc, DLNA,.. Aspecto que sempre coida moito Sony nos seus terminais punteiros.

O resto de características podédelas ver na seguinte táboa dun xeito máis resumido:

Xperia Z2
Polgadas/Resolución/ppi 5,2/1920×1080/423
Procesador SnapDragon 801 a 2,3 Ghz
RAM 3 GB
ROM 16 GB ampliabéis con micro sd
Versión de Android 4.4.2
Prezo 699€
Dispoñibilidade A partir de Abril

Sen dúbida, o Xperia Z2 pode ser un dos smartphones do ano. Mercaríades un?

Sobre o autor

No Responses

Reply