Whatsapp vai permitir facer chamadas de voz

whatsapp mwc

Hoxe á mañá tivo lugar unha conferencia de WhatsApp baixo o paraugas do Mobile World Congress, na que o CEO da compañía, Jan Koum, anunciou que a exitosa aplicación de comunicación instantánea incluirá para o segundo trimestre do ano a posibilidade facer chamadas de voz.

É doado imaxinar que unha decisión desta importancia non se toma da noite á mañá, pero de seguro que Facebook, que recentemente vén de mercar a aplicación, ten algo que ver. Esta nova fainos lembrar o dano que fixo a aparición de Whatsapp sobre os envios de SMS e abre un debate arredor de se o mercado tradicional de chamadas de voz vai verse afectado por esta nova funcionalidade; de feito, foi confirmada a implantación de WhatsApp en Alemaña como OMV (operador móbil virtual), tras un acordo con E-Plus.

De fondo, atopamos outra interesante historia. O que está a piques de ocorrer é que E-Plus (filial xermana de KPN) vai ser adquirida proximamente por Telefónica, estando na obriga de manter os acordos que puidera ter comprometidos previamente E-Plus. Debido a estas operacións empresariais, podemos dicir que Telefónica vai ser o próximo socio de Whatsapp (Facebook), o cal non deixa de ser paradóxico tras os desencontros vividos entre ambas compañías tras a negativa de WhatsApp a eleaborar aplicación para FirefoxOS.

E vós, que pensades sobre esta nova? Gústavos a idea?

Sobre o autor

One Response

  1. Abel 25 Febreiro, 2014 Responder

Reply