Sony presenta a súa nova tablet Xperia Tablet Z2

Xperia_Z2_Tablet_colourrange

Hai unhas semanas publicamos en exclusiva que Sony estaba a traballar nunha nova tablet, a Xperia Tablet Z2, que desde hoxe xa é oficial. O novo dispositivo non supón un gran cambio de deseño desde o modelo anterior, aínda que conseguiron un acabado aínda máis delgado que o modelo anterior, o que tamén deriva en ser máis lixeira.

A nova versión tamén supón unha revisión das súas especificacións, pasando por unha pantalla de 10,1 polgadas, cunha resolución de 1920 x 1200 e tecnoloxía Triluminos, procesador SnapDragon 800 de catro núcleos a 2,3 GHz, 3 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD. As súas cámaras son de 8 e 2 megapíxeles e a batería de 6000 mAh.

Tal e como acontecera co modelo anterior e co Xperia Z2 que coñecemos tamén esta mañá, a nova tablet de Sony é resistente á auga e ás rabuñadas. Vén coa última versión de Android, 4.4.2 e estará dispoñíbel a partir de abril.

Sobre o autor

Reply