ZTE presenta o Grand Memo II LTE

20140224_102511

ZTE vén de presentar o seu novo phablet Android, o Grand Memo II LTE, un dispositivo con pantalla de grandes dimensións e conectividade LTE-4G como principais características. O novo dispositivo foi anunciado como unha revolución nos dispositivos de pantalla grande, baixo a seña “canto máis grande, mellor”. En concreto ten 6 polgadas.

Iso si, o tamaño do dispositivo non vai reñido cun grosor axustado, quedando en 7,2 mm. A súa carcasa traseira é de fibra de carbono para mellorar a experiencia táctil do trebello, mentres que o resto de características pasan por un procesador de catro núcleos, 2 GB de RAM e Android 4.4 KitKat. Incorpora dúas cámaras, de 13 e 5 megapíxeles.

A batería é de 3200 mAH, segundo din aguanta 15 días (aínda que xa sabemos que na práctica a súa autonomía será de 2 días no mellor dos casos). Estará dispoñíbel en abril na China, e posteriormente de xeito global.

Sobre o autor

Reply