Nokia presentou o seu primeiro dispositivo baseado en Android no Mobile World Congress, un terminal de entrada co que quere iniciar unha nova andaina. No post da súa presentación podedes ler todas as súas características técnicas, que como vedes son batante sinxelas. Vexámolo un pouco máis a fondo.
Parándonos no deseño, vemos que é un terminal cuns acabados en plásticos, que nun primeiro achegamento daban unha sensación táctil de goma, pero nada máis lonxe da realidade. Destaca a amplitude dos marcos, que sobran por todos os lados, aínda que isto é bastante habitual nos dispositivos desta gama. Ademais, como podedes ver nas fotos, lévanse fenomenal coas pegadas datilares, polo que se queremos ter o terminal impecábel imos ter que andar cun trapiño. Ten cortes rectos nos catro lados, onde só sobresaltan os botóns de volume e acendido no lateral dereito. Na parte inferior temos o punto microUSB para carga e transferencia de datos e xa na superior o jack 3.5 mm de audo.
Na traseira só temos a única cámara do dispositivo, sen flash, e o altofalante. Esta carcasa traseira é intercambiábel, habendo opcións de diferentes cores, aínda que descoñecemos se se poderán mercar por separado.
No interior do dispositivo atopamos as ranuras para dúas tarxetas SIM e para a tarxeta microSD coa que poderemos ampliar a capacidade interna do teléfono. Tamén é accesíbel a batería, que é intercambiábel.
Iniciar o teléfono é extremadamente sinxelo. Tras acender pídenos seleccionar o idioma e aceptar os términos. Nada de configurar contas de Gmail ou Outlook, o cal xa dá conta das diferenzas cos Android habituais.
A interface de usuario é moi semallante á de Windows Phone; isto ten un claro obxectivo: que a xente identifique o dispositivo con Nokia – Microsoft. Nun primeiro vistazo ao que trae preinstalado atopamos as obvias aplicacións de teléfono, contactos, mensaxes, Internet, calendario e calculadora. Así mesmo, trae preinstaladas aplicacións como Twitter, Facebook, Skype ou Here Maps, e xogos como o Tetris ou Fruit Ninja.
A tenda de aplicacións é a propia de Nokia, aínda que se poden instalar aplicacións directamente co apk ou desde outras tendas. As aplicacións son as mesmas que as de Android (por exemplo, a de Twitter, e aparecerá que enviamos o tweet “desde Twitter para Android”).
Os menús lémbrannos aos de Android, na estética e nas opcións que presentan, mesmo en permitir ou non “orixes descoñecidos” das aplicacións.
A cámara non trae demasiadas opcións, e tampouco é dunha calidade excesiva: cumpre co que podemos agardar dun dispositivo de entrada, onde a súa presenza é máis anecdótica ca outra cousa.
Aínda que obviamente precisamos probar o terminal con máis calma para ver como funciona, quixemos adiantar esta análise urxente ante o interese e curiosidade xerado arredor del. Xa está á venda por 89 €
Olá!
Áchoo cativiño de máis. A Nokia colleu fama e deitouse a durmir. Agardo que a Newkia co Jolla cubra ese baleiro de calidade entre o celular e o terminal.
Aburiño!
Olá!
Áchoo cativiño de máis. A Nokia colleu fama e deitouse a durmir. Agardo que a Newkia co Jolla cubra ese baleiro de calidade entre o celular e o sistema operativo.
Aburiño!
Ola Xosé Luis,
efectivamente é un móbil cativo, mais este móbil foi máis unha proba ca outra cousa; de feito xa abandonaron Android. Se queres ver unha review máis completa, bótalle un ollo a este outro artigo http://mallandonoandroid.com/blog/2014/05/26/nokia-x-o-primeiro-terminal-con-android-de-nokia/
Un saúdo