Fujitsu Stylistic, un terminal para as persoas maiores

20140224_154326

No MWC do ano pasado Fujitsu presentou Arrows, un dispositivo pensado para as persoas maiores. Este ano repite cun terminal semellante, aínda que con algunhas características actualizadas. É o Fujitsu Stylistic, que xa se comercializa en Francia e Xapón e que podería chegar ao noso país nos próximos meses, se chegan a un acordo con algún operador local.

Cunha pantalla de 4,3 polgadas (960 x 540), o novo Stylistic ten corazón de gama media – alta, algo que nos sorprendeu, tendo en conta ao público que vai dirixido. O seu procesador é un catro núcleos a 1,7 GHz, ten 2 GB de RAM e 8 GB de ROM, ampliábeis por microSD. As súas cámaras son de 8,1 e 1,2 megapíxeles e a batería de 2100 mAh. Está preparado para as redes 4G-LTE.

20140224_154618

Mais sen dúbida o que marca a diferenza é o software, xa que sobre Android 4.2 sitúa unha interface de usuario con botóns grandes, aos que hai que facer unha pulsación forte (non un “tic” sinxelo como nos móbiles habituais) para entrar nunha aplicación ou premer nun número a marcar. Dispón así mesmo dun botón de emerxencia que, ao premelo, empeza a chamar a un máximo de tres números que teñamos preconfigurados para contactalos e se non responde envía sms coas coordenadas.

O Fujitsu Stylistic inclúe protección contra caídas e para somerximento en auga, dous dos factores que máis poden afectar a un terminal en mans de persoas con mobilidade reducida.

Sobre o autor

Reply