A LG Lifeband déixase ver no Mobile World Congress

20140225_122622

Malia ser presentada no CES de Las Vegas hai pouco máis dun mes, aínda non tivéramos ocasión de probar a Lifeband Touch de LG, o primeiro wearable da compañía coreana que se suma ás ducias de pulseiras cuantificadoras de actividade. Como moitas outras, a Lifeband permite contar pasos, calorías e mesmo as horas de sono para indicarnos como é o noso ritmo de vida.

Porén, existen unha serie de pequenos detalles diferenciadores coa competencia, como a conexión permanente co terminal e non puntual para o sincronismo. Esta conexión faise a través de Bluetooth 4.0 (ollo, os smarphones de gama media poden non usar versións inferiores) e grazas a ela é capaz de amosarnos quen nos chama, de maneira que poderemos silenciar o móbil sen sacalo do peto, simplemente pasando a man por riba da Lifeband. Así mesmo, se nos separamos do noso smartphone vibrará, polo que nos daremos conta se deixamos esquecido o noso trebello na mesa do bar no que estivemos tomando algo ou se alguén no lo colleu sen nos dar conta.

Aliméntase cunha batería que lle dá unha autonomía duns 5 días, polo que non teremos que estar pendentes de andar cargándoa todos os días.

Agárdase que estea dispoñíbel no noso País no mes de abril por uns 120 euros.

Sobre o autor

Reply