Hoxe queremos falarvos dunha nova aplicación lanzada coincidindo co Mobile World Congress, Virus Guard. Co nome xa nos podemos facer unha idea de que esta ferramenta está pensada para conseguirmos un extra de seguridade nos nosos smartphones, que tendo en conta a cantidade de información que aloxamos neles, nunca está de máis.
Virus Guard analiza as aplicacións que acabamos de instalar ou actualizar, amosándonos dun xeito moi vistoso como de segura é para o noso terminal esa aplicación en función dos permisos que lle concedemos ao tela instalada, ademáis explicarnos cun breve comentario do que supón cada permiso condecido. Un exemplo:
Ademáis ao instalar Virus Guard, temos un sinxelo pero útil menú no que vemos 4 apartados que son: Sistema, App Instaladas, Uso de Batería e Uso de Red.
Sistema.
Neste apartado obtemos información do seguro ou non que é o noso sistema en función da nosa configuración. Deste xeito, nós tiñamos seleccionado a opción de poder instalar aplicacións desde fóra da Play Store (orixes descoñecidos). Por este motivo, e como é lóxico, Virus Guard concluía que o noso sistema era pouco seguro. Todo cambiou cando desactivamos esta opción.
App Instaladas.
Neste punto accedemos á listaxe de todas as aplicacións instaladas e cun código de cores moi intuitivo dísenos como de segura ou non, e cantos permisos solicita para se instalar no noso sistema.
Este código vai desde o verde (aplicación segura) pasando polo laranxa (precaución) até o vermello (risco para o sistema). Con todo, isto non significa que teñamos algún problema de malware simplemente que se un malware ataca a unha aplicación, en función dos permisos concedidos, as consecuencias para nós poden chegar a ser importantes.
Uso de Batería.
Desde aquí podemos observar canto levamos consumido de batería ou a temperatura á que está traballando o equipo. Ademáis enlazanos directamente ao esquema de Android para controla o consumo de batería por aplicación.
Uso de Red.
Por último, neste apartado vemos o consumo de datos total e desglosado en función das aplicacións que fixeron ese consumo.
Con todo o tempo que estivemos probando esta aplicación, temos unha sensación moi positiva xa que non afecta para nada ao rendemento xeral do terminal (foi probada cun smartphone pouco potente) non afecta significativamente no consumo de batería e ademáis a imformación que nos proporciona, pensamos que é de moita utilidade.
Cantos de vós tedes algún tipo de antivirus instalado? Logo desta análise, pensades en instalalos?
Nome da Aplicación: Virus Guard.
Requerimentos: Android 1.6 e susperiores.
Descarga: Play Store.
Moi bo o voso blog. Noraboa!
Graciñas! 🙂
¿Realmente son necesarios os antivirus en android? Podiades facer un estudio i aportar un pouquiño de luz sobre o tema. Un saudo
Para nós non son necesarios tendo coidado e sendo responsábeis. Neste link, http://mallandonoandroid.com/blog/2012/10/29/virus-e-android-aclarando-algunha-dubida/ (perdoa pola estética, é do blogue antigo) , falamos polo miúdo do tema fai un tempo xa. Se tes algunha dúbida logo de ler o link, non dubides en preguntar.
Agora ben, o que aporta Virus Guard é información sobre as aplicacións que se actualizan en segundo plano e información avanzada, como falamos no artigo. Por iso pensamos que pode ser unha aplicación interesante para moitos de vós.