Os últimos dous anos a coreana LG levou a cabo importantes cambios en innovación, que tiveron o seu reflexo en terminais diferenciadores, como o LG G2, que estreou o botón traseiro e para nós foi o Mellor Smartphone do 2013, e o LG G Flex, o primeiro terminal curvo que se puxo á venda o luns desta mesma semana no noso País.
A GSMA, a organización que aglutina a fabricantes e compañías relacionadas coa telefonía móbil, premiou a LG nos Annual Global Mobile Awards polos seus esforzos en innovación. Trátase do premio máis prestixioso do sector da telefonía móbil, que agardamos sirva para seguir neste camiño diferenciador.