Orange comercializa en exclusiva o Samsung Galaxy Grand 2

Samsung Galaxy Grand 2

Orange e Samsung veñen de anunciar a súa alianza para comercializar en exclusiva a través da operadora laranxa o Galaxy Grand 2, o último modelo desta phablet de gama media do fabricante coreano que destaca pola súa conectividade 4G.

Cunha pantalla panorámica HD de 5,25 polgadas (1280 x 720), a Galaxy Grand 2 integra un procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1,5 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna que se poden ampliar con tarxetas microSD de até 64 GB. As súas cámaras son de 8 e 1,9 megapíxeles e a batería de 2600 mAh.

O apartado software, baseado en Android 4.3 Jelly Bean, compleméntase cun diversas melloras que Samsung integra nos seus dispositivos, como Story Album, S Translator, Sound & Shot e Group Play.

Orange comercializará en exclusiva este terminal durante o mes de marzo por 9 €/mes durante 24 meses coa Tarifa Delfín 25 € ou calquera das Ballena, por 12 €/mes durante 24 meses con Delfín 16 ou Canguro 35 ou por 449 € se se fai nun único pago.

Sobre o autor

Reply