De cando en vez os xornais sacan cartillas coas que, tras adquirir diversos cupóns, podemos canxear por produtos a prezos (a priori) máis reducidos. Ultimamente a moda está en comercializar smartphones por uns 50 euros e os correspondentes cupóns. Pero paga a pena a inversión? Non.
Para empezar, o terminal que La Voz de Galicia ofrece coa carilla o día 9 por 59,95 € + 5 cupóns é similar a este outro que se pode atopar por 48,99 € (+4,99 € de envío = 53,98 € ) aquí. Pero isto non é o peor, senón as características técnicas do dispositivo.
Se miramos a imaxe superior podemos ver que se anuncia o dispositivo como 3G e con modo vibración (realmente algúen se plantexa que o seu dispositivo, por básico que sexa, non teña isto?), procesador de dobre núcleo a 1 GHz (podería ser abondo para un básico) e memoria interna de 512 MB e 256 MB de RAM, de lonxe insuficientes.
512 MB de memoria interna eran os que tiña a HTC Magic, un dispositivo de gama media lanzado no 2009 ou o Nexus One, o primeiro gama alta Android presentado en xaneiro de 2010. As necesidades de hoxe en día e as aplicacións actuais non se poderían instalar con normalidade nese dispositivo e a experiencia de usuario con el non é mala, senón pésima.
Pasando a falar da RAM, o caso aínda é peor. Google establece como mínimo 512 MB en KitKat (Android 4.4) para que o sistema vaia fluído, 1 GB nas versións anteriores recentes (Ice Cream Sandwich, Jelly Bean). O smartphone da promoción leva Android 4.2 Jelly Bean e 256 MB de RAM, a cuarta parte do mínimo que establece Google. Imaxinades como irá o sistema?
Resumindo, hai que mirar con sentidiño as características dos produtos promocionados e non deixarse levar unicamente polo prezo. Se andades a mirar por un smartphone Android económico hai diversas posibilidades por baixo dos 200 euros, tanto en gamas medias actuais como gamas altas de anos anteriores que foron baixando de prezo.
Vía
Outra cosa a ter en conta é que probablemente non veña có Google Play Store instalado xa que non cumpre os mínimos de Google para telo.
Quixera matizar que o móbil da promoción non é o de Best Buy, senón un semellante con menos RAM e menos autonomía. Precisamente o que digo no meu blogue é que o de EasyPhone 3.5 é máis barato e mellor (sendo aínda un móbil bastante pataqueiro) pois conta con 512 Mb de RAM e batería 1.300 mAh.
Unha vez máis as promocións dos xornais demostran ser unha tomadura de pelo para enganar a desinformados.
Graciñas pola precisión Marcus, vimos de actualizar o artigo coa corrección 🙂