Practicamente cada semana descubrimos novos usos das Google Glass; o último deles chega desde Salamanca, onde Adventia (o European Collage of Aeronautics) en colaboración con Droiders, vén de converterse na primeira compañía aérea en empregar este dispositivo durante un voo, ademais de comezar a empregalas na formación de pilotos.
Esta aventura é un paso máis na investigación por incorporar dispositivos electrónicos nas cabinas de voo, e lémbranos ao caso de Virgin, que está a probar o uso das Google Glass para asistir aos viaxeiros no aeroporto londinense de Heathrow.
Como se pode ver no vídeo, as posibilidades das Google Glass que estuda Adventia pasan por aplicacións que permitan ter o control do checklist que pilotas e pilotos teñen que facer durante as diferentes fases de voo, ademais de permitirlles o acceso a mapas ou outros recursos.
Coidan que o uso das Google Glass nos avións mellorarán a seguridade, a produtividade (calculado nun 10% menos de tempo necesario) e o aforro en papel e peso transportado.
Que pensades?