Desire 310, o novo gama media de HTC

htc-desire-310

Mentres se especula coas especificacións que terá o HTC One 2 (ou M8) que coñeceremos o 25 de marzo, HTC vén de descubrir un novo dispositivo de gama media, o Desire 310, un terminal con procesador de catro núcleos e pantalla de 4,5 polgadas.

As especificacións completas sitúan a frecuencia do procesador nos 1,3 GHz, 4 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD de até 32 GB), 1 GB de memoria RAM e cámaras de 5 megapíxeles e VGA. Ademais, a principal pode gravar vídeos con calidade 1080p. A batería é de 2000 mAh.

HTC Desire 310_6V_Blue

Do software, vén con Android 4.2 Jelly Bean (actualizábel) coa correspondente personalización de HTC que inclúe BlinkFeed como elemento máis destacado, unha ferramenta que leva á nosa pantalla de inicio as últimas novas ou actualizacións en redes sociais.

Estará dispoñíbel no noso país a partir do mes de abril en varias cores, aínda que polo de agora non se especificou o seu prezo.

Sobre o autor

Reply