Samsung patenta un teclado virtual para os seus lentes intelixentes

samsung glass 2

Spectacles, Galaxy Glass… os lentes intelixentes nos que está a traballar Samsung teñen diferentes (posíbeis) nomes e as previsións apuntan á IFA de Berlín como o momento para a súa presentación.

samsung glass

Independentemente de cando sexa a súa posta de longo, unha pantente dun teclado virtual volve poñer no punto de mira o dispositivo no que a compañía coreana está a traballar. Como se pode ver nos diferentes debuxos, trátase dun teclado que veríamos superposto nas mans, para amosalo ben de xeito completo ou co estilo dos antigos móbiles, agrupados por letras. Para pulsar unha tecla bastará con poñer por riba o polgar.

Este teclado supón unha diferenza importante coas Google Glass, que polo de agora só teñen a posibilidade de ditar texto, aínda que isto podería variar na versión definitiva. Que pensades da importancia desta patente?

Vía

Sobre o autor

Reply