Crea unha aplicación Android de xeito totalmente guiado con GoodBarber

goodbarber

Se precisamos unha aplicación Android (ou iOS) e non temos coñecementos sobre desenvolvemento existen diversos servizos que nos axudan a facer ferramentas sinxelas pero moi xeitosas de xeito guiado, aínda que poucos cuns resultados tan vistosos como os de GoodBarber, o servizo do que vos queremos falar hoxe.

GoodBarber dispón dunha versión web e unha aplicación que resultan complementarias, xa que todo o proceso de deseño é moito máis áxil desde o noso panel en liña. Porén, as probas da aplicación que creemos antes de publicar na Play Store fanse desde o noso smartphone Android a través da aplicación gratuíta.

goodbarber_deseño

Logo de crear o noso usuario na páxina web de GoodBarber xa poderemos empezar a deseñar a nosa aplicación a través dun proceso no que podemos engadir feeds de novas, mapas, ou actualizacións de redes sociais entre outras moitas características. Do mesmo xeito tamén somos quen de modificar as cores ou os textos, adaptándoos aos nosos gustos ou necesidades.

goodbarber_pasos

Cando teñamos a nosa aplicación lista poderémola probar e publicar na Play Store; así mesmo, GoodBarber permítenos traballar en novas versións da aplicación para lanzar a través da Play Store ou enviar mensaxes push aos usuarios da mesma.

Os servizos de GoodBarber son gratuítos durante 30 días, logo dos cales hai que pagar unha cota de 16 euros/mes por un servizo básico ou 32 euros/mes polo paquete completo. Os pasos finais de compilado da aplicación podémolos facer nós de xeito gratuíto, aínda que o proceso é un tanto lioso (pero guiado). Se non nos queremos complicar podemos solicitar a axuda de GoodBarber por 50 € adicionais.

Precisades vós ou a vosa empresa unha aplicación? Que vos parece o servizo de GoodBarber?

Sobre o autor

Reply